Música e danza esta fin de semana no Museo do Mar
O Museo do Mar de Galicia presentará o sábado 25 de abril, ás 20.30 horas, a actuación do pianista Nicasio Gradaille, que dá inicio ao programa de actuacións Espazos Sonoros. O museo comeza así, por segundo ano consecutivo, un novo ciclo de concertos que durará ata finais de xuño, e no que acollerá diferentes músicos e formacións como a Austrian Baroque Company, o ISGA Collective, a Ensemble Galante ou o solista Rolf Lislevand.
Nicasio Gradaille, que é un dos pianistas galegos de maior proxección internacional, presenta un programa de música teatral para piano con pezas de John Cage , entre outros. Gradaille realizou os seus estudos de piano nos conservatorios da Coruña e Vilaseca (Tarragona), ademáis de estudar con Peter Efler na Musik-Akademie der Stadt Basel (Basilea, Suiza). Entre outros galardóns, conseguiu o primeiro premio no Concurso Internacional de Piano Xavier Montsalvatge (Girona), e o primeiro premio e o Premio Galicia no Concurso Nacional de Piano Gregorio Baudot (Ferrol). Ademáis, ven dando dende hai anos concertos en numerosos países.
Espazos Sonoros
Espazos Sonoros, que este ano presenta 88 concertos, 27 espazos e 36 formacións, é un espazo aberto á creación artística que ofrece aos músicos a oportunidade de presentar as súas máis recentes ideas e proxectos, de aí que a programación inclúa estreas absolutas de obras e producións específicamente creadas para ser presentadas no marco do festival. A recuperación e difusión do patrimonio musical galego de todas as épocas é tamén outra das liñas directrices da programación.
Na edición 09, Espazos Sonoros transfórmase nun festival de músicas en espazos de interese cultural. Os pilares básicos da programación seguen a ser as músicas para órgano, vocal, antiga e de cámara, que propician ao tempo o cruzamento e a síntese con outros estilos sonoros contemporáneos, o jazz ou a canción de autor.
Día Internacional da Danza
Por outra banda, o domingo 26 de abril, ás 12.30 horas, o Museo do Mar organiza unha mostra de baile con motivo do Día Internacional da Danza, que celebraráse o vindeiro 29 de abril. Para levar a cabo esta iniciativa, apoiada pola concellería de Cultura de A Coruña e polo Museo Domus, contará coa actuación da asociación profesional DANESGA (Danza Escénica Galega), que ten como finalidade principal o desenvolvemento da danza na nosa comunidade.
Os integrantes de DANESGA, que están a facer danzas cunha estética moi vanguardista, bailarán estractos dos seus últimos traballos. Sen dúbida será unha oportunidade única para ver os diferentes estilos da danza contemporánea galega.
Descargar todas as imaxes