Os primeiros veleiros arriban á cidade de Vigo para tomar parte no Desafío Atlántico
Algúns dos veleiros que participarán na saída do Desafío Atlántico 2009, o próximo 3 de maio desde a cidade de Vigo, arribaron durante esta fin de semana na dársena da Laxe, atraque no que permanecerán ata o domingo, día no que poñerán rumbo a Tenerife, primeira escala da Tall Ships Race Atlantic Challenge 2009.

O veleiro Juan de Lángara, a goleta Evangelina ou o Ketch O Zorba foron os tres primeiros en chegar, e aínda que de menor eslora e calado que os que navegarán pola ría viguesa durante os próximos días, forman parte da historia da navegación marítima do último século.
Únense á pequena flotilla de galeones e dornas, que xa están preparadas no porto para conformar unha exposición a flote de embarcacións tradicionais, e que son parte do programa de actividades do Desafío Atlántico.
O fin de semana tamén serviu de periodo de montaxe do "village" da regata, tomando a súa forma case definitiva, coas ubicaciones das carpas definidas, á marxe da decoración e marcación de corredores, zonas de servizos e temáticas