Alcaldía
Concello e Zona Franca asinan o convenio para o remate das obras de prolongación do túnel do Beiramar coa autopista
venres, 17 set 2004O convenio, asinado o venres pola alcaldesa, Corina Porro, e o delegado de Zona Franca, Francisco López Peña, regula a colaboración entre o Concello de Vigo e o consorcio vigués para a execución e financiación das obras incluídas no "Proxecto de adaptación á normativa vixente do túnel de acceso ao Porto de Vigo dende a AP-9 e a mellora do túnel".
A alcaldesa insta á solidariedade no inicio do curso escolar de Ensinanza Secundaria
venres, 17 set 2004A alcaldesa, Corina Porro, e o concelleiro de Educación, Ignacio López-Chaves, inauguraron o venres o inicio dun novo curso escolar de Ensinanza Secundaria no colexio Compañía de María, no que aproveitaron a oportunidade para animar aos alumnos e pedirlles a súa colaboración no desexo de facer un Vigo millor.
O Concello inicia mañá os traballos de fresado do tramo descendente de Gran Vía entre praza de España e praza América
venres, 17 set 2004O luns pola noite escomezan os traballos de asfaltado da Praza de España.
A alcaldesa califica de "irrenunciable, imprescindible e urxente para Vigo" a conexión co Porto Seco de Salvaterra
xoves, 16 set 2004Asegura que lle preocupa a actitude da Ministra de Fomento con Galicia e anuncia que "non vamos a permitir que nos neguen o pan e a sal".
A alcaldesa e UXT Galicia apostan por soterrar as vías do futuro AVE en Vigo
martes, 14 set 2004A rexidora comparte a preocupación dos responsables do sector ferroviario do sindicato para "non dividir a cidade en dous".
A alcaldesa da a benvida ao alumnado no inicio do curso
venres, 10 set 2004A alcaldesa, Corina Porro, e o concelleiro de Educación, Ignacio López-Chaves, inauguraron o venres un novo curso escolar no centro Javier Sensat, onde compartiron xogos e historias con algúns dos alumnos de entre 3 e 12 anos que se incorporaron hoxe ás aulas tralo periodo estival.
A cidade celebrará o próximo ano un concurso nacional de piano
venres, 10 set 2004Vigo celebrará un concurso nacional de piano o próximo ano , segundo anunciou hoxe a alcaldesa, Corina Porro, ao remate dun encontro que mantivo con presidente da Fundación Mayeusis, Felipe Estévez.
A alcaldesa convida ao rexidor de Porto a traballar nunha oferta turística común
mércores, 8 set 2004A alcaldesa, Corina Porro, asiste ao encontro que manterá esta tarde o presidente da Xunta, Manuel Fraga co ministro portugués de Cidades, José Luis Arnault. A reunión terá lugar ás cinco da tarde na Casa do Roseiral en Oporto , e tamén asistirán o secretario xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior, Jesús Gamallo e o alcalde da cidade de Oporto, Rui Rio.
O goberno impulsa o Plan Estratéxico
martes, 7 set 2004A alcaldesa Corina Porro anunciou o impulso que dende o goberno municipal darase ao Plan Estratéxico de Vigo, ao termo dunha xuntanza que mantivo hoxe cos redactores do Plan, Antonio Vázquez Barquero e Jorge Vázquez Gurriarán.