O alcalde avanza que 125 escolares vigueses estudarán este verán en Inglaterra e Irlanda
Abel Caballero explicou que o Concello investirá 600.000 euros en bolsar a 25 nenos máis que o pasado 2008, no que viaxaron un total de 100 escolares, para estudar no Reino Unido en inglés durante tres semanas. Ademáis, o Concello percibe 158.000 euros da Xunta de Galicia para incrementar o persoal de Promoción Económica e Emprego.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou hoxe luns que este verán serán 125 os escolares de colexios públicos vigueses que estuden no Reino Unido durante tres semanas con bolsas outorgadas polo Concello de Vigo, 25 máis que o pasado 2008.
A Xunta de Goberno Local aprobou a convocatoria para a adxudicación de prazas para a participación no Programa de Inmersión en Lingua Inglesa para este ano e o vindeiro, polo que se seleccionan os contratos para as empresas que xestionan o servizo.
O Concello de Vigo destina 600.000 euros este ano para as bolsas, e o rexedor adiantou que intentarán que os estudantes non só estuden inglés, senón que estuden en inglés todas as materias lectivas, tal e como aconteceu o pasado 2008.
Abel Caballero explicou que o obxectivo do programa é conquerir que os estudantes vigueses teñan "razonables coñecementos en inglés", como para manter unha conversa, exemplificou o alcalde.
Subvención
A Xunta de Goberno Local validou este luns a aceptación da axuda concedida pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia ao Concello de Vigo para a realización de actividades de información, orientación e busca de emprego.
Segundo informou o alcalde, a Xunta de Galicia concedeu 158.000 euros para a contratación de cinco técnicos de orientación e un auxiliar administrativo para exercer as súas funcións nas dependencias municipais de Promoción Económica e Emprego.
Descargar todas as imaxes