Ciclo de poesía oral e experimental no Verbum
Ao longo dos meses de abril e maio o Verbum-Casa das Palabras organiza a actividade "Poéticas para unha vida. Ciclo de poesía oral e experimental" onde o espectador poderá atopar diversas e diferentes intervencións.
Julio fernández Peláez , coordinador do ciclo dí que " cando a poesía e a vida son inseparables ata chegar a confundirse xorden propostas estéticas que arrincan desde o experiencial e que pretenden apoderarse do valor intrínseco da palabra para exercer o seu poder emancipador".
Poetas que dedican a súa vida á poesía. Poetas que se serven da poesía para loitar pola vida.Poetas de recoñecida traxectoria e poetas que empezan a desenvolver unha linguaxe propia a través do vivencial. Tal foi o criterio de selección para un ciclo que pretende non ser o primeiro nin o último nunha cidade inaudita que mira ao mar con desasosego.
As sesións para os sábados 4 e 11 de abril serán ás 20 horas con entrada gratuita ata completar aforamento, segundo o seguinte programa:
4 de ABRIL, 20h.
Presentación do ciclo.
20:30h.
ARTE, PAZ, VIDA
Clemente Padín
Proxección documental das performances e accións deste poeta, artista e activista uruguaio (1984 –
2003).
Duración aproximada: 1h.
11de ABRIL, 20h.
ON THE ROAD
Tiago Gomes e Tó Trips (Dead Combo).
Performance baseada en textos do poeta Jack Kerouac . Route 66, América de todos os sonos comúns a todas as estradas do mundo: vías rápidas e secundarias, deserto, cidades perdidas na noite, canellóns sen saída. Vídeobeat de Raquel Castro.
Duración aproximada: 1h.
Descargar todas as imaxes