xoves, 2 abr 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, expresou este xoves a súa vontade de poñerse en contacto coa persoa encargada de xestionar os asuntos sociais no novo goberno autonómico co obxectivo de trasladarlle a necesidade de abrir novos centros de día públicos. O concelleiro fixo estas declaracións no transcurso dunha visita que realizou ao centro de día Atalaia, na que tamén participou a concelleira de Benestar Social, María Méndez.
xoves, 2 abr 2009
A Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia presentouse este xoves en Vigo coa presenza de distintos membros da Corporación municipal e distintas personalidades da sociedad viguesa, onde o edil de Participación Cidadá, Santos Héctor, afirmou que o Concello porá os medios precisos para a organización e difusión do evento.<br />
xoves, 2 abr 2009
Abel Caballero pechou hoxe xoves de xeito oficial o IX Foro Tecnolóxico do Emprego, iniciativa do alumnado das carreras técnicas da Universidade de Vigo. Unhas 40 empresas déronse a coñecer aos recén titulados e estudantes de último curso mediante conferencias e presentacións nas facultades.
Analízase o diseño de barcos, remos, velas e materiais de construción de embarcacións da costa norte galega
xoves, 2 abr 2009
O Museo do Mar de Galicia presenta o venres 3 de abril, ás 20.00 horas , o libro As embarcacións tradicionais do Arco Ártabro a Ribadeo , obra que xurdiu do traballo realizado para a exposición que leva o mesmo nome e que se exhibiu ata actualidade na nave de exposicións permanente do recinto museístico de Alcabre. No acto estarán presentes os profesores Bernardo Máiz e Enrique Freire, coautores do libro e comisarios da exposición, e o director do museo, Pablo Carrera.