venres, 3 abr 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, sinalou este venres que o Centro Quérote e o exemplo da aposta que fixo o goberno da Xunta saínte a prol da mocidade. Asemade, o concelleiro salientou a valoración tan positiva que o centro está tendo por parte dos seus usuarios e usuarias. Dende o mes de xaneiro ao 31 de marzo recibíu 591 visitas presenciais, 260 en internet e 124 consultas telefónicas.
venres, 3 abr 2009
Abel Caballero recibiu este venres a sete policías que foron recoñecidos polos seus méritos profesionais en distintas accións que van "bastante máis aló das súas obrigas", destacou o alcalde. Estes axentes participaron, por exemplo, na actuación que evitou o suicidio dun home nunha vivenda cunha bombona de butano. <br />
venres, 3 abr 2009
Ao longo dos meses de abril e maio o Verbum-Casa das Palabras organiza a actividade "Poéticas para unha vida. Ciclo de poesía oral e experimental" onde o espectador poderá atopar diversas e diferentes intervencións.