Escoitar

O alcalde salienta a "vocación e a coordinación" da Policía Local de Vigo

Abel Caballero recibiu este venres a sete policías que foron recoñecidos polos seus méritos profesionais en distintas accións que van "bastante máis aló das súas obrigas", destacou o alcalde. Estes axentes participaron, por exemplo, na actuación que evitou o suicidio dun home nunha vivenda cunha bombona de butano. <br />

venres, 3 abr 2009
1238762834polis.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Seguridade, Xulio Calviño, recibiron hoxe venres a sete axentes da Policía Local, recoñecidos polos seus méritos profesionais, que representan a "vocación e a coordinación" do corpo de seguridade en Vigo, subliñou o rexedor.

Estes axentes foron recoñecidos polas súas "accións especiais" que foron "bastante máis aló das súas obrigas", explicou o alcalde; "accións extraordinarias" que poñen de relieve o trabalo da Policía Local de Vigo e dos seus membros.

O alcalde citou dúas accións realizadas por algúns dos axentes homenaxeados hoxe venres, como evitar o suicidio dun home nunha vivenda cunha bombona de butano ou o descobrimento dunha persoa que levaba 5 días inmobilizada na súa casa cunha gangrena que lle puido costar á vida, segundo explicou Abel Caballero.
Descargar todas as imaxes