martes, 31 mar 2009
O concelleiro de Cultura, Xesus López, anunciou hoxe que o ciclo "Un mar de corais", que inclúe 104 concertos ao longo de todo o ano, dará comezo este xoves, 2 de abril, co Festival Coral de Música Sacra. Na presentación da programación, na que tamén participou o presidente da Asociación de Corais de Vigo (Acopovi), Enrique Lorenzo, o concelleiro salientou a importancia deste ciclo, xa que achega a música aos barrios e barroquias de Vigo. <br />
"CONTARTE" remata o venres 3 de abril e ampliarase a tres centros máis en maio
martes, 31 mar 2009
A Concellería de Educación do Concello de Vigo ampliará en maio a tres centros máis o programa "Contarte" de animación á lectura entre a xuventude, que remata este venres e no que xa participaron 3.000 escolares de 23 colexios da cidade.
martes, 31 mar 2009
A Concellería de Igualdade, en colaboración co Servizo Galego de Igualdade, celebrará o vindeiro sábado 4 de abril ás 12 horas unha sesión de contacontos de entrada libre ata completar a capacidade. A obra elixida, "O meniño Nito. Entón, os homes choran ou non?" está dirixida a nenos e nenas de 6 a 12 anos de idade preferentemente.