O Pleno da luz verde ao 1% pendente de aprobación do Plan Xeral de Vigo
Cos votos a favor do goberno local e a oposición do grupo municipal Popular, a Corporación aprobou hoxe luns o texto modificado segundo a orde da Xunta de Galicia que valida o 1% do PXOM que resta por aprobar pola Consellería de Política Territorial.
O Pleno do Concello de Vigo, coa oposición do Partido Popular, aprobou este luns o 1% do Plan Xeral pendente de aprobación por parte da Xunta de Galicia, seguindo a orde da Consellería de Política Territorial do 16 de maio de 2008.
O pasado 20 de marzo, a Xerencia de Urbanismo deu o seu visto bo ao texto que hoxe luns foi aprobado pola Corporación, e que, segundo explicou o concelleiro de Urbanismo, José Mariño, podería divirse en catro apartados: AOPs, os núcleos rurais, cumprimento dos informes de lexislación de carácter sectorial e correccións técnicas menores.
Oito ámbitos das AOPs
No 1% validade, os ámbitos afectados das Áreas de Ordenación Pormenorizada son Privada-Moderna, San Gregorio, Castro Castriño, Tomás Alonso nº 99-111, Coruxo Costa, Cordelerías Mar, Romil e Alfageme.
Todos os ámbitos estaban clasificados inicialmente como chan urbano consolidado, mentres que a Xunta de Galicia consideraba que debían clasificarse como non consolidados. No novo texto incluíronse correccións de forma (grafías) e unha mellor xustificación en case todos os ámbitos que lles permitirá continuar sendo consolidados.
Para o ámbito de Alfageme, a Xunta de Galicia considera que debe cambiar a súa clasificación e pasar a ser solo urbano non consolidado dado que non reúne as condicións legais para ser consolidado.
O PXOM propón cambiar a clasificación do chan -que pasa a ser non consolidado- e manter a ordenación detallada do ámbito, aplicándolle os mesmos criterios que ao resto de ámbitos do Plan en canto a valoración de beneficios e cargas e porcentaxe de vivenda protexida (cesión do 10% do aproveitamento á cidade e reserva do 23%, neste caso, das súas vivendas para protección oficial) ademais da cesión de 2.000 m2 para equipamento cultural.
núcleos rurais
Adecúase á lexislación vixente, informou Mariño, a clasificación do chan do núcleo rural e da súa área de expansión nos núcleos que contén o Plan, clasificando como rústicos especialmente protexidos a diferenza entre os núcleos que se delimitaron agora no Plan e os anteriores, tal e como solicita a Xunta de Galicia, polos seus valores naturais, paisaxísticos, forestais e de protección de augas.
Elaborouse asemade unha análise máis detallada do modelo de asentamento poboacional, da súa formación e evolución, das súas peculiaridades urbanísticas, morfolóxicas, o seu grao de consolidación e as súas expectativas de desenvolvemento.
Cumprimento dos informes de lexislación de carácter sectorial
Este punto consiste na inclusión de pequenos reaxustes nas delimitacións do dominio público marítimo-terrestre e servidume de protección de costas; e incorporación do trazado definitivo da variante da autovía Vigo-Porriño.
reccións técnicas menores
O edil explicou que se reserva terreos para unha nova subestación eléctrica nas proximidades do cemiterio de Teis, non correctamente grafiada no seu día. Ademais, inclúese unha correcta grafía do sistema xeral portuario nas proximidades da EDAR de Teis, entre outras cuestións de carácter menor das ordenanzas.