Escoitar

O alcalde pecha cos sindicatos a vixilancia das condicións de traballo nas obras do "Plan Zapatero"

Abel Caballero e representantes das tres centrais sindicatos -UGT, CCOO e CIG- mantiveron hoxe venres unha entrevista na que ultimaron o borrador do convenio polo que os sindicatos vixiarán o cumplimento das condicións laborais e de seguridade de todas as obras en Vigo do "Plan Zapatero", segundo indicou o alcalde.

venres, 27 mar 2009
1238162685sindicatos.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, entrevistouse este venres cos representantes das tres principais centrais sindicais -UGT, CCOO, CIG- para pechar o borrador do convenio polo que os sindicatos garantirán o cumprimento das condicións de traballo nas obras do Plan E en Vigo.

Segundo informou Abel Caballero, o borrador está pechado e o convenio -a rubricar a próxima semana- garantirá "as condicións laborais e de salarios" para que se axusten ao convenio da construcción.

"Queremos que se xenere emprego en condicións", explicou o alcalde en rolda de prensa, para o que se conta cos sindicatos. As obras do "Plan Zapatero" en Vigo empregarán aproximadamente a 1.500 persoas de xeito directo.

A hora do planeta
O rexedor vigués avanzou asemade que Vigo sumarase á iniciativa da entidade WWF contra o cambio climático, polo que mañá sábado 28 de marzo apagaranse iluminacións ornamentais en ubicacións simbólicas nas cidades.

O alcalde adiantou que a ministra de Medio Ambiente, Rural e Marino, Elena Espinosa, acudirá á Praza viguesa de España para iniciar o apagón simbólico en toda España. Xunto á praza, Abel Caballero citou que se sumarán á iniciativa o edificio do Concello, o edificio municipal do Areal, o antigo Concello (na praza da Constitución), a Escola de Artes e Oficios, a Casa da Xuventude, o MARCO, o VERBUM e o Pazo de Castrelos.
Descargar todas as imaxes