Escoitar

O tenente de alcalde escenifica na praca adicada a Carolo a homenaxe a todas as persoas que traballan por Vigo

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, descubriu este xoves unha praca adicada a Carolo, un dos heroes anónimos da Reconquista de Vigo, na rúa Gamboa. No acto, no que tamén participaron o concelleiro de Cultura, Xesus López, e a concelleira de Patrimonio Histórico, Elena Maure, Santi Domínguez salientou que esta praca quere ser un homenaxe "aos vigueses e viguesas que dun xeito anónimo traballan día a día pola cidade".

xoves, 26 mar 2009
1238074837pracacarolo.jpg
"Carolo é un personaxe anónimo, pero non é unha lenda, senón que realmente existíu e conseguiu entrar no recinto amurallado", explicou o nacionalista. Segundo o nacionalista, "simboliza perfectamente aos homes e mulleres anónimos que loitaron pola liberdade da cidade, polos que desgracidadamente xa non están e polos que siguen loitando. É unha homenaxe dende o Concello de Vigo para todas e todos eles".

A praca é de bronce e está situada na rúa Gamboa, case na esquina con Carral, neste lugar atopábase a Porta da Gamboa, onde morreu Carolo, e foi ferido Cachamuiña. Nela pódese ler "Carolo, mariñeiro do Berbés, caeu nesta porta da Gamboa, loitando por Vigo. A cidade no Bicentenario da Reconquista, marzo de 2009".
Descargar todas as imaxes