Escoitar

Urbanismo estudará un novo acceso ao Castro a través do Conservatorio Superior

O alcalde, Abel Caballero, salientou a "boa idea" proposta polo director do centro, José Manuel Fernández, na que o Conservatorio cedería un espazo das súas instalacións para facilitar o acceso ao Monte dos veciños próximos á Praza de España e permitiría asemade a "cercanía" do centro. Ademais, o Concello incorporará "a oferta cultural do Conservatorio ao corazón da cidade de Vigo".

mércores, 25 mar 2009
1237990226conservatoriosuperior.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este mércores que Urbanismo estudará a posibilidad de abrir un novo acceso ao Monte do Castro a través do Conservatorio Superior de Música de Vigo.

O alcalde entrevistouse hoxe mércores co director do centro, José Manuel Fernández, quen propuxo ao rexedor esta alternativa que facilitaría a entrada ao Monte dos veciños máis próximos á Praza de España e ao entorno da rúa Barcelona, e ao tempo faría un Conservatorio máis cercano aos vigueses.

Segundo explicou Abel Caballero, o departamento de Urbanismo estudará as posibilidades de encaixe que ofrece o Plan Xeral de Ordenación Municipal para viabilizar o proxecto, cualificado polo alcalde de "boa idea", e que terá resposta "nuns días", despois da análise da Concellería de Urbanismo do Concello de Vigo.

Oferta cultural
O alcalde e o director do Conservatorio Superior acordaron ademais dinamizar as actividades do centro para vencellalas á cidade. Abel Caballero avogou por "máis presencia e máis arraigo social" na cidade desta escola para o que se buscarán conxuntamente fórmulas para que a cidadanía participe dos actos do Conservatorio e este estea presente nos eventos culturais municipais.

"Vamos a incorporar a oferta cultural do Conservatorio Superior de Música ao corazón da cidade de Vigo", afirmou o alcalde, quen subliñou o "inigualable" panorama musical que alberga a urbe, con corais, bandas de músicas, os Conservatorios Profesional e Superior e as escolas privadas.
Descargar todas as imaxes