Abel Caballero e Raquel Díaz visitan o novo axardinamento das rotondas de Navia<br />
O alcalde e a concelleira de Parques e Xardíns acudiron este mércores ao barrio vigués para comprobar o estado final das rotondas, recentemente axardinadas cun investimento de 55.000 euros. Xunto ás plantas, o Concello instalou nas rotondas un sistema de rega soterrada máis sostible que os tradicionais aspersores e difusores. <br />
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Parques e Xardíns, Raquel Díaz, visitaron hoxe mércores o novo axardinamento instalado en cinco rotondas de Navia, melloras nunha superficie de 2.800 metros cadrados que contaron cun investimento total de 55.000 euros.
O axardinamento responde ao "proceso de embelecemento que queremos darlle a esta zona", que simboliza "a nova Navia que estamos a facer", salientou o alcalde. Tamén se embelecerán as medianas e abriranse "nun par de meses" a nova zona de parques cos novos estanques e o novo pavillón deportivo e o campo de fútbol de herba sintéctica con cargo ao Plan E do Goberno de España.
Tal e como puideron comprombar o alcalde e a edil na súa visita, os axardinamentos das catro rotondas localizadas na rúa Teixugueiras, dun total de 960 m2 de superficie, conseguiu un gradente de floración ao longo do ano con plantas arbustivas, vivaces e arbóreas e planta de tempada.
Nestas rotondas instalouse asemade un sistema de rega soterrada, diferente aos habituais aspersores e difusores, que é medioambientalmente máis sostible. O investimento no axardinamento das rotondas de Teixugueiras ascendeu aos 30.000 euros.
Por outra banda, o embelecemento da rotonda de Ricardo Mella, de 1.800 m2 de superficie axardinada e 25.000 euros de investimento, pretendeu unha mellora na calidade paisaxística do espazo mediante plantas resistentes e propias para zonas de semisombra, ademais de arbustos e plantas con flor.
Descargar todas as imaxes