Escoitar

O tenente de alcalde entrega os agasallos aos gañadores do concurso de pintura de Vigolandia

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, fixo entrega este martes dos agasallos aos 17 gañadores e gañadoras do concurso de pintura convocado no marco de Vigolandia. No acto, no que tamén participou a concelleira de Benestar Social, María Méndez, e o xerente do IFEVI, Arsenio Prieto, Santi Domínguez anunciou que Afán, Comedor da Esperanza e Vida Digna serán as tres entidades entre as que se repartirán os máis de 21.000 euros recadados na edición deste ano.

martes, 24 mar 2009
1237902388vigolandia.jpg
"Non quixemos entregar premios só a tres gañadores, senón que quixemos entregar distincións ás obras máis fermosas presentadas ao concurso", destacou o nacionalista, quen salientou así mesmo a alta participación na iniciativa, ao contar nesta edición coas obras de máis de 1.700 escolares de centros educativos de Vigo e a súa área, con idades comprendidas entre os 6 e os 11 anos.

Na súa intervención, o tenente de alcalde lembrou aos nenos e nenas agasallados que como vén sendo habitual, a recadación da entrada ao parque de actividades, que este ano supera os 21.000 euros, se destinará a tres organizacións que traballan coas persoas que menos teñen, como son Afán, Comedor da Esperanza e Vida Digna. "Cando íamos a Vigolandia, ao pagar a entrada colaborabamos con algo tan fermoso como é a solidariedade", sinalou Santi Domínguez.

"Nesta época de crise dende Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar Social consideramos fundamental apoiar a estas entidades da nosa cidade que dan de comer a quen menos ten", explicou. Vigolandia celebrouse dende o 26 de decembro eo 30 de decembro no Instituto Feiral de Vigo e segundo Santi Domínguez "está xa consolidado como o gran parque de atraccións de Nadal".
1237902388vigolandia.jpg
1237902401vigolandiab.jpg
Descargar todas as imaxes