Santi Domínguez entregou ao Comedor da Esperanza, Afán e Vida Digna os 21.000 euros da recadación de Vigolandia
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, entregaron hoxe a recadación da entrada ao parque de actividades Vigolandia aos representantes do Comedor da Esperanza, Afán e Vida Digna, organizacións que traballan directamente coas persoas máis desfavorecidas da nosa cidade. As tres entidades repartiranse os algo máis de 21.000 euros que este ano se recadaron durante a celebración no Nadal de Vigolandia no Ifevi.
O tenente de alcalde explicou que este ano elixiuse a estas tres organizacións como mostra de apoio ao traballo impagable que están a desenvolver nesta época de crise. "Sodes vós os que máis directamente estades a sentir as consecuencias desta situación difícil que estamos atravesando e quixemos que a recadación fora este ano para vós para reforzar ese labor tan importante que estades a facer coas persoas que máis dificultades están tendo", dixo ao facer entrega dos cheques, acto que se realizou no transcurso dunha visita ao Comedor da Esperanza.
O nacionalista quixo tamén agradecer o apoio de todas as entidades colaboradoras que contribuiron a facer posible a celebración de Vigolandia. "Sen o seu apoio non sería posible desenvolver esta actividade e hoxe poder facer esta contribución a estas entidades que son fundamentais no labor social da nosa cdiade", sinalou.
Descargar todas as imaxes