Raquel Díaz salienta que 15.000 familias viguesas benefícianse das exencións fiscais do goberno local
A concelleira de Economía e Facenda afirmou que "estamos contentos" coa resposta dos vigueses ás medidas do goberno local para rebaixar a presión fiscal e indicou que "Vigo é a cidade galega maior de 100.000 habitantes con menor presión fiscal" e unha das menores de España. Raquel Díaz adiantou que se continuarán as rebaixas fiscais en próximos anos.
A concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, afirmou este xoves que 15.000 familias viguesas se están a beneficiar na actualidade das rebaixas fiscais postas en marcha polo Concello de Vigo, "a cidade das maiores de 100.000 habitantes con menor presión fiscal de Galicia" e unha das menores de España, salientou a edil.
O informe elaborado polo departamento que dirixe Raquel Díaz baséase nos datos ofertados polo Goberno de España e resulta da suma das taxas e dos impostos directos e indirectos. Segundo estes cálculos, en Vigo págase unha media de 465 euros por persoa e ano, por debaixo que Coruña (541€), Lugo (568€) e Ourense (585€), e tamén inferior a Santiago (745€) e Pontevedra (492€).
No contexto estatal, Vigo conta cunha presión fiscal menor que cidades como Madrid (809€) e Barcelona (673€), Zaragoza (594€) e Sevilla (561€), e cidades de tamaño similiar ao da cidade olívica, como Oviedo (713€) ou Salamanca (582€).
A edil estimou que esta presión fiscal conseguíuse co "obxectivo do goberno local" de aplicar políticas de rebaixa fiscal -que continuará nos próximos anos- e coas que o Concello de Vigo deixou de ingresar en torno a un millón de euros este ano. Diaz citou exemplos como as bonificacións nas taxas de basura para as familias monoparentais ou para as vítimas de violencia de xénero.
Tamén bonificase aos vehículos ecolóxicos, se elimiaron avales de pago e se instaurou o sistema de pago fraccionado do IBI, unha inciativa innovadora que supón un aforro do 3% do imposto e ao que se acolleron un total de 2.400 vigueses, segundo afirmou a concelleira, máis do agardado incialmente.
Descargar todas as imaxes