Escoitar

Pleno da Corporación Municipal

venres, 27 mar 2009
PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 5


CONVOCATORIA


ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día 30 de MARZO de 2009, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.


1.- Actas anteriores. (Sesións 29.12.08 e 26.01.09)

ALCALDÍA
2.- Dar conta de resolución da Alcaldía de data 12.03.09 modificando resolución do 05.07.07 de delegacións da Alcaldía.

XESTIÓN MUNICIPAL
3.- Dar conta da liquidación do orzamento 2008 do Concello de Vigo e dos seus organismos autónomos, así como do informe do Interventor Xeral relativo á estabilidade orzamentaria en cumprimento do artigo 16.2 do RD 1463/2007 do 2 de novembro. Exptes. 101375-101385/140.

4.- Cambio de denominación do CEIP "Eijo Garay" a CEIP "Illas Cíes". Expte. 10352/332.

5.- Solicitude de recoñecemento como camiño público do Camiño da Laranxeira na parroquia de Valladares. Desestimado. Expte. 18317/240.

MOBILIDADE
6.- Aprobación definitiva da ordenanza reguladora da convivencia cidadá e o ocio no termo municipal de Vigo. Expte. 75607/210.

URBANISMO
7.- Proposta de cumprimento da orde do 16.05.08 da CPTOPT sobre aprobación definitiva do PXOM de Vigo. Expte. 7266/411.

MOCIÓNS
8.- Moción do Grupo municipal Popular solicitando se inste ó Ministerio de Xustiza a posta en funcionamento do Xulgado do Mercantil nº 3 de Pontevedra con sede en Vigo antes do mes de xuño.

9.- Moción do Grupo municipal Popular instando realizar unha modificación de crédito para que a partida orzamentaria destinada á Universiada 2015, pase ó capítulo VI (investimentos) para equipamentos deportivos.

10.- Moción do Grupo municipal Popular instando a axilización e aprobación do proxecto arquitectónico do edificio para futura biblioteca do Estado en Vigo.

11.- Moción do Grupo municipal Popular instando se solicite ás empresas adxudicatarias os documentos dos vehículos que se utilicen en obras do Concello.

12.- Moción do Grupo municipal Popular solicitando explicacións do concelleiro de Seguridade relativas á compra do camión escaleira de Bombeiros.

13.- Moción do Grupo municipal Popular instando a potenciación do Aeroporto de Peinador.

14.- Moción do Grupo municipal Popular instando non dar por rematada a conmemoración do Bicentenario da Reconquista e promover que outras institucións, organismos, etc., participen nela.

15.- Moción do Grupo municipal Popular instando a continuación das clases de "Danza e percusión tradicional para persoas maiores de 65 anos" e estender o programa ós barrios e parroquias.

16.- Moción do Grupo municipal Popular solicitando rectificación en circular remitida ó Servizo de Bombeiros relativa ó uso do idioma galego.

17.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA:

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA no salón de Plenos ás NOVE horas do día TRINTA DE MARZO, para resolver os asuntos da devandita relación.

Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.

Vigo, 26 de MARZO de 2009
O ALCALDE, O SECRETARIO XERAL DO PLENO,




Abel Caballero Álvarez José Riesgo Boluda.