Escoitar

O Concello adxudica a humanización de 7 rúas por valor de 13 millóns de euros

As melloras, as últimas do Plan E do Goberno de España, se iniciarán o 13 de abril, pasada a Semana Santa, e durarán 6 meses. As humanizacións de Sanjurjo Badía, Balaídos, Portanet, estrada, Baiona, Torrecedeira e Tomás Alonso darán emprego directo a 269 traballadores. A Xunta de Goberno Local aprobou tamén o padrón de vehículos de 2009.

venres, 27 mar 2009
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres da adxudicación definitiva e aprobación dos plans de seguridade e saúde das melloras de sete rúas da cidade por valor de 13 millóns de euros.

A Xunta de Goberno Local deu o visto bo hoxe venres en sesión extraordinaria á humanización da Sanjurjo Badía, a Avenida de Balaídos, a Avenida Alcalde Portanet, Estrada, Baiona, Torrecedeira e Tomás Alonso -desde a Praza da Industria a Pi i Margall-. Todas estas obras durarán 6 meses e crearán 269 empregos de xeito directo.

O alcalde indicou que as obras de mellora nestas rúas se iniciarán pasada a Semana Santa, o vindeiro 13 de abril, tal e como se fixo coas humanizacións con cargo ao Plan E que aínda non comezaron.

Padrón de vehículos
Abel Caballero tamén deu conta da aprobación do padrón de vehículos para 2009, cun importe total de 15.084.000 euros, por 14.444.000 euros do pasado ano, é dicir, un 4,4% de incremento no volume total de ingresos.

O número de vehículos ascende de máis de 172.000 aos case 175.000 unidades, un aumento do 1,52%. Segundo expresou o alcalde, o padrón ten incluídos as exencións do pago dos impostos locais por minusvalías. Así, quedan excluídos 4.685 vehículos, o que supón unha minoración de ingresos ao Concello de aproximadamente 470.000 euros, estimou Abel Caballero.

Máis información