mércores, 1 abr 2009
Hoxe mércores o Concello enviou o texto para a súa publicación en dúas semanas aproximadamente no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Unha vez publicado, e despois de 20 días de alegacións, a Xunta de Goberno Local iniciará a declaración de zona protexida do entorno de Joaquín Loriga para que esta "actividade nociva e molesta" remate.
mércores, 1 abr 2009
Accesible e con maior capacidade de uso son as dúas principais novidades que presenta o autobús turístico presentado hoxe, segundo explicaron o tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, e o concelleiro de Mobilidade, Transporte e Seguridade, Xulio Alonso. Na presentación do novo vehículo, na que tamén participou o director xeral de Vitrasa, Juan Carlos Villarino, os dous concelleiros salientaron o notable incremento de turistas que empregaron este servizo no 2008, xa foi utilizado por un total de 8.060 pasaxeiros, 300 máis que no 2007.
mércores, 1 abr 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou este mércores que o campión do mundo de rallyes en 1994, Didier Auriol, será o piloto convidado no Racing Show Caixanova. Na presentación do evento, na que tamén participaron o director xeral do Salón do Automóbil, José Enrique Elvira; o representante de Caixanova, Juan José López, e o xerente do IFEVI, Arsenio Prieto, o concelleiro salientou que esta proba se celebrará os vindeiros 1, 2 e 3 de maio no IFEVI no marco do Salón de Automóbil de Vigo.