Escoitar

O ciclo "Un mar de corais", que comeza o xoves, inclúe máis dun cento de concertos ao longo do ano

O concelleiro de Cultura, Xesus López, anunciou hoxe que o ciclo "Un mar de corais", que inclúe 104 concertos ao longo de todo o ano, dará comezo este xoves, 2 de abril, co Festival Coral de Música Sacra. Na presentación da programación, na que tamén participou o presidente da Asociación de Corais de Vigo (Acopovi), Enrique Lorenzo, o concelleiro salientou a importancia deste ciclo, xa que achega a música aos barrios e barroquias de Vigo. <br />

martes, 31 mar 2009
1238505197corais310309.jpg
O concelleiro de Cultura destacou que o ciclo "Un mar de corais" é unha das actividades "máis importantes da programación cultural da cidade por diversos motivos". Segundo Xesus López, se trata dun programa clave na relación interxeneracional, posto que nas 32 corais que forman parte de Acopovi conviven músicos de todas as idades. Asemade, o edil nacionalista indicou que é unha iniciativa na que a participación "é fundamental". Neste exercicio, o convenio asinado con Acopovi para a celebración do ciclo ten un importe de 25.000 euros, un 20% máis que no exercicio pasado.

O IV Festival de Música Sacra, que se celebrará os días 2, 3, 4, 6, 7 e 8 de abril, dará inicio ao ciclo "Un mar de corais". No primeiro concerto, que se celebrará na igrexa de María Auxiliadora ás 20.30, participarán as corais polifónicas da UVCD de Candéan e María Auxiliadora. Ademais, "Un mar de corais" inclúe tamén a sétima edición do ciclo de Concertos de Verán no Verbum, a terceira edición do ciclo de Concertos de Nadal e os concertos de Panxoliñas no Marco.

"Quero expresar os meus parabéns ao presidente de Acopovi polo esforzo que desenvolven todos os anos para organizar unha programación tan completa", sinalou Xesus López, quen tamén destacou a boa acollida por parte do público que teñen todos os concertos. "Hai moito interese pola música coral e de bandas na cidade", afirmou .

O presidente de Acopovi, Enrique Lorenzo agradeceu ao concelleiro de Cultura "o apoio para que as corais de Vigo teñan espazos nos que amosar o que ensaian todos os días". Neste sentido, salientou a importancia que ten para todas e todos os participantes nas corais poder mostras os seus avances.

O concelleiro explicou tamén que este ano o convenio asinado coa Asociación de Corais de Vigo (Acopovi) para a celebración do ciclo "Un mar de corais", incrementouse nun 20%, posto que pasou de 20.000 a 25.000 euros.
Descargar todas as imaxes