Escoitar

Santos Héctor inaugura no campus universitario o IX Foro Tecnolóxico do Emprego

O concelleiro de Promoción Económica e Emprego participou hoxe martes na apertura do Foro co obxectivo de achegar o mercado laboral aos futuros enxeñeiros e titulados. Mediante conferencias e presentacións, as empresas establecen relacións profesionais con outras compañías e danse a coñecer aos estudantes dos últimos cursos.

martes, 31 mar 2009
1238505047foro.JPG
O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Santos Héctor, participou este martes no acto de apertura da novena edición do Foro Tecnolóxico do Emprego, un espazo de encontro -aberto ata o 3 de abril- entre as empresas e os futuros enxeñeiros e titulados técnicos da Universidade de Vigo.

Desde a primeira edición de 2001, o Foro ofrece ás empresas na Universidade de Minas a posibilidade de darse a coñecer á familia universitaria a través de actividades como exposicións de stands, conferencias, presentacións, workshops e mesas redondas; co obxectivo de achegar o mundo do mercado laboral aos futuros titulados.

Outra das características do Foro Tecnolóxico é a aplicación das novas tecnoloxías da información para a transmisión das actividades organizadas en tempo real a través de Internet. Ademais construiuse unha ferramenta web para que estudantes e empresas permanezan en contacto continuo durante todo o ano.

Os stands estarán localizados ata o vindeiro xoves 2 de abril nas facultades de Minas e Industriais, onde as compañías contan cun espazo para recoller currículos, ofertar becas e darse a coñecer. As presentacións de empresas e conferencias, de unha hora de duración, terán lugar nas Universidades participantes ata o venres 3 de abril.

Ademais, editarase e repartirase gratuitamente unha publicación de 3000 exemplares de tirada aos visitantes do Foro, na que se recolle toda a información xerada no evento: entrevistas, reportaxes de empresas punteiras no sector, resumo dos relatorios, artículos de interese, etc.
Descargar todas as imaxes