Escoitar

O Verbum acollerá o sábado 4 de abril unha sesión de contacontos organizada por Igualdade

A Concellería de Igualdade, en colaboración co Servizo Galego de Igualdade, celebrará o vindeiro sábado 4 de abril ás 12 horas unha sesión de contacontos de entrada libre ata completar a capacidade. A obra elixida, "O meniño Nito. Entón, os homes choran ou non?" está dirixida a nenos e nenas de 6 a 12 anos de idade preferentemente.

martes, 31 mar 2009
O conto, da autora Sonia Rosa e con ilustracións de Macus Romero, narra o dilema no que se encontra Nito, un neno moi chorón, e que lle trae problemas até que por fin, coa axuda do Doutor Aymoré, consegue resolver as súas dúbidas. O espectáculo conxuga este e outros contos en formato de música e voz, relacionando a non violencia co dereito que tamén teñen os homes a chorar.

A colección "Contos da igualdade" son historias ilustradas coas que se pretende romper a tendencia de asignar roles estereotipados a nenas e nenos, que condicionan a capacidade de soñar sen límites no propio futuro, de imaxinar un mundo de igualdade entre homes e mulleres. Está editado por Bahía na Colección Contos da Igualdade.