Escoitar
Educación

Solicitude de praza nas escolas infantís municipais (0-3 años) - Curso 2009-2010

venres, 3 abr 2009
A Xunta de Goberno Local en sesión do 27 de marzo de 2009, aprobou as "Normas para a adxudicación de prazas nas escolas infantís municipais 0-3 (EIM) para o curso 2009/2010.
Prazos: período de solicitude do 6 ao 30 de abril de 2009
Os impresos de solicitude facilitaranse nas propias escolas ou no Servizo de Educación do Concello de Vigo (Rúa Oporto, 1-2º).
Na páxina web do Concello (www.vigo.org) disporán da información necesaria e asi mesmo poderase descargar o impreso de solicitude de praza.
Listas provisionais: 5 de xuño de 2009
A relación provisional de admisións e lista de espera publicarase no taboleiro de anuncios de cada escola e na web municipal e abrirase un prazo de reclamacións de 10 días.

As escolas infantís municipais son as seguintes:

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "SANTA CRISTINA":
Enderezo: Rúa Santa Cristina, 1 (Lavadores)
Teléfono: 986 28 07 32

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "ATALAIA":
Enderezo: Avd. Doña Fermina, 9 (subida á Guia)
Teléfono: 987 37 65 03

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "SANTA MARTA":
Enderezo: Rúa Santa Marta, 38 (esquina rúa Torrecedeira)
Teléfono: 986 44 21 53

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "COSTEIRA":
Enderezo: Baixada á Praia, 83 (Saiáns)
Teléfono: 986 49 86 77