Escoitar
Mobilidade e Seguridade

Convocatoria do exame de obtención do permiso municipal de condución de autotaxis

<br />

venres, 3 abr 2009
Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas en tomar parte nas probas para a obtención do permiso municipal de condutor de autotaxi, que deberán presentar a solicitude, xunto coa documentación esixida no artigo 29 da vixente Ordenanza municipal reguladora do Servizo e que se relaciona seguidamente. O prazo para a presentación das citadas solicitudes comprende dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio e até o 23 de abril do ano en curso.

Pago Taxas.
Dúas fotos.
fotocopia compulsada do DNI.
fotocopia compulsada do carnet de conducir (onde conste a data de expedición e a data de validez do BTP).
certificado médico oficial conforme non padece ningunha enfermidade infecto-contaxiosa (considérase caducado se pasaron máis de tres meses entre a súa data de expedición e a data do exame).

O exame constará de tres partes:

Coñecemento da Ordenanza Municipal de Autotaxi
Ubicacións de rúas e puntos de interese na cidade de Vigo.
Itinerario a seguir entre dúas ubicacións do termo municipal.

As probas realizaranse o dia 27 de maio de 2009, na Casa do Concello. Os solicitantes comparecerán provistos de bolígrafo, DNI e carné de conducir.

As listas, nas que se indicará o lugar de realización da proba, o horario no que cada solicitante debe presentarse á mesma e demáis circunstancias relacionadas, publicaranse no Taboleiro de Edictos, na páxina web do Concello e nas oficinas da Area de Mobilidade, Transporte e Seguridade, a partir do día seguinte ao da finalización do prazo para a presentación de solicitudes.


O Tribunal está composto por:

Presidente: Xulio Calviño Rodríguez
Secretaria: Carmen Pintado García
Vocal: Odilo Mosquera Carballo