Escoitar
Analízase o diseño de barcos, remos, velas e materiais de construción de embarcacións da costa norte galega

O Museo do Mar acolle a presentación do libro "As embarcacións tradicionais do Arco Ártabro a Ribadeo"

O Museo do Mar de Galicia presenta o venres 3 de abril, ás 20.00 horas , o libro As embarcacións tradicionais do Arco Ártabro a Ribadeo , obra que xurdiu do traballo realizado para a exposición que leva o mesmo nome e que se exhibiu ata actualidade na nave de exposicións permanente do recinto museístico de Alcabre. No acto estarán presentes os profesores Bernardo Máiz e Enrique Freire, coautores do libro e comisarios da exposición, e o director do museo, Pablo Carrera.

xoves, 2 abr 2009
1238670159libromuseodomar.jpg
O libro, publicado pola editorial Embora, analiza o diseño de barcos, remos, velas e materiais de construción de embarcacións da costa norte galega. Amplíase o material exposto na mostra con novas fotos, fichas e textos, nos que se pode contemplar uns bos exemplos da riqueza patrimonial marítima de Galicia.

Tanto a exposición como o libro teñen a súa orixe no premio didáctico Antonio Fraguas, otorgado polo Museo do Pobo Galego a estudantes de bacharelato de artes do IES Concepción Areal de Ferrol. Dirixidos por Freire e Máiz, percorreron toda a costa galega recollendo tipoloxías e denominacións de embarcacións tradicionais, e analizando as diferenzas que se poden atopar ao longo da costa. Nese traballo, convertido primeiro en exposición e agora en libro, compáranse as embarcacións da Mariña de Ferrol coas de Ribadeo, botes de media construción con botes enteiros pulpeiros, traíñas con lanchas e moitos outros máis diseños da costa norte galega.
Descargar todas as imaxes