Santi Domínguez valora a calidade dos murais do concurso "Premio Reconquista", expostos no Verbum
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, destacou este luns a calidade dos murais concursantes no "Premio Reconquista", no que participaron máis de 600 estudantes de Centros de Educación Secundaria da cidade. Os traballos presentados, un total de dezaoito, poderán visitarse desde mañá nunha sala do museo Verbum-Casa das Palabras ata o vindeiro 24 de abril, no horario de 10.00 a 19.00 horas, de martes a domingo.
"Tras visitar a exposición podemos afirmar que hai traballos dunha gran calidade, polo que o xurado o terá moi complicado para elixir", sinalou o tenente de alcalde. Os traballos dos estudantes vigueses sobre a conmemoración do Bicentenario destacan pola súa orixinalidade e execución, xa que hai auténticas maquetas, reproduccións de grandes obras, como o Guernika de Picasso, recreación de documentos, fotografías e gráficos sobre a victoria sobre os ocupantes franceses de hai dous séculos.
Santi Domínguez indicou que nos vindeiros días, os traballos serán cualificados por un xurado que determinará a concesión do primeiro premio (unha viaxe a París para a clase gañadora xunto cos seus profesores) e o segundo (unha viaxe a Lisboa para todo o equipo). Asemade, anunciou que se concederá tamén un accésit ao terceiro traballo gañador.
Este concurso forma parte do programa de actividades organizado pola Tenencia de Alcaldía cos centros de ensino da cidade sobre a Reconquista. Todos os institutos e centros de secundaria da cidade recibiron, a comezos do mes de marzo, unha unidade didáctica para coñecer a Reconquista, ao igual que os centros de ensino primario, que recibiron outra unidade didáctica protagonizada por "Os Bolechas". Outra das iniciativas desenvolvidas foi a exposición que o museo de Castrelos acolleu sobre a Reconquista e que recibiu máis de cinco mil visitantes, batendo unha marca histórica de visitas a este museo.
O Congreso Internacional sobre a Reconquista, que trouxo a Vigo aos principais historiadores europeos sobre a época napoleónica, o programa A Reconquista na Rúa, que achegou a celebración da efemérides aos barrios vigueses, e a posta en marcha da web www.reconquistadevigo.com, completaron a programación desenvolvida ata agora sobre o Bicentenario.
Descargar todas as imaxes