luns, 6 abr 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, destacou este luns a calidade dos murais concursantes no "Premio Reconquista", no que participaron máis de 600 estudantes de Centros de Educación Secundaria da cidade. Os traballos presentados, un total de dezaoito, poderán visitarse desde mañá nunha sala do museo Verbum-Casa das Palabras ata o vindeiro 24 de abril, no horario de 10.00 a 19.00 horas, de martes a domingo.
luns, 6 abr 2009
Abel Caballero explicou que o Concello investirá 600.000 euros en bolsar a 25 nenos máis que o pasado 2008, no que viaxaron un total de 100 escolares, para estudar no Reino Unido en inglés durante tres semanas. Ademáis, o Concello percibe 158.000 euros da Xunta de Galicia para incrementar o persoal de Promoción Económica e Emprego.
luns, 6 abr 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou este luns que as xornadas "Moceando", que se celebrarán os vindeiros 7 e 8 de maio no Verbum serán "o punto de partida dun novo xeito de facer as políticas de lecer para a mocidade". Na presentación da iniciativa, na que tamén participou a concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, o nacionalista salientou que as xornadas servirán para "reflexionar conxuntamente coas entidades xuvenís, o equipo que traballa na Concellería de Xuventude, e expertos na materia".