mércores, 8 abr 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, afirmou este mércores que as propostas do Plan de Usos do Porto "están no bo camiño para chegar a consensos". O nacionalista realizou estas declaracións tras a xuntanza que mantivo hoxe co presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Xesús Paz, que cualificou de "moi cordial", e que tivo como obxectivo explicar polo miudo ao tenente de alcalde as liñas xerais do Plan de Usos e do Plan Estratéxico do Porto.
mércores, 8 abr 2009
O traballo elaborado pola ONG Transparencia Internacional outorga 80 puntos sobre 100 á transparencia e nivel de información á cidadanía do Concello de Vigo, soamente superado en España por Bilbao, Gijón, Cartagena e Barcelona. A organización realizou o estudo sobre 80 indicadores independentes.
mércores, 8 abr 2009
A concelleira de Vías e Obras subliñou que neste 2009 o investimento total en traballos de mellora da cidade ronda os 80 millóns de euros, sumando as do "Plan Zapatero" e os investimentos autonómicos e municipais. Abelairas salientou o "obxectivo" do goberno local de facer un Vigo para os vigueses e suprimir "as menos prazas de aparcamento posibles".
mércores, 8 abr 2009
Dende o vindeiro luns, 13 de abril, a Casa da Xuventude acollerá unha nova rolda de exposicións protagonizadas por mozos e mozas artistas e que poden visitarse nas instalacións de López Mora de luns a venres en horario de 09 a 14 horas e de 17 a 20 horas. "Tempo imaxinario", das artistas licenciadas en Belas Artes pola Universidade de Vigo Haya Blanco, Carolina Caluori, María Castellanos e Olalla Cortizas, será a primeira que se exporá, do 13 ata o 24 de abril.