Benestar Social apoia os actos organizados polo Día Internacional do Pobo Xitano, que se celebra mañá
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, explicou este martes que o seu departamento está a desenvolver diversas actuacións co obxectivo de potenciar a integración dos colectivos minoritarios e neste sentido manifestou o seu apoio ao programa de actividades que se celebran en Vigo con motivo da conmemoración mañá, 8 de abril, do Día Internacional do Pobo Xitano. Ao longo do mes de abril están convocadas diversas iniciativas como contacontos e exposicións para achegar a cultura xitana a toda a cidadanía.
"A celebración do Día Internacional dos Xitanos supón unha importante ocasión para coñecer máis de preto a este pobo, a súa historia, a súa lingua e a súa cultura", salienta a nacionalista. A concelleira subliña tamén que é unha "chamada de atención á discriminación que en moitas ocasións sofre aínda esta comunidade". María Méndez anima aos vigueses e viguesas a participar nas actividades previstas "achegándose ao outro dende a apertura e a comprensión, compartindo experiencias, sentimentos e preocupacións".
A programación de actos deste ano inclúe a exposición "Mirando ao redor. Mirándonos", sobre o camiño compartido entre os xitanos e o voluntariado en Vigo, que se pode visitar na sede da Fundación do Secretariado Xitano (rúa Burgos, número 9) ata o 30 de abril; a disputa dun partido de fútbol 7 e celebración da cerimonia do río, o día 17 de abril no campo do Comesaña e na Xunqueira do Lagares a partir das 11 horas. Asemade están previstas dúas sesións de contacontos, que amosan a historia dos xitanos e o respecto á diversidade. O primeiro deles terá lugar o 17 de abril la librería Contos para soñar ás 18 horas (rúa Triunfo número 1) e o segundo o día 28 de abril nunha carpa que se instalará na rúa Príncipe, tamén ás 18 horas.
Ademais, os centros educativos interesados poderán traballar coa unidade didáctica "Que mundo é o teu?", dirixida aos nenos e nenas de primaria co obxectivo de que coñezan e valoren realidades distintas ás propias, respectándoas e fuxindo de estereotipos e prexuízos, así como suscitar nos rapaces e rapazas actitudes solidarias e de traballo en equipo. Finalmente, os actos programados en Vigo rematarán coa proxección do filme "Latcho Drom", do cienasta xitano Tony Gatlif, na Fundación Caixa Galicia ás 20 horas.