Escoitar

A próxima semana comezan as modificacións no tráfico pola humanización de 27 rúas

O concelleiro de Mobilidade, Xulio Calviño, presentou hoxe martes as alternativas propostas para o tráfico, unha vez a próxima semana se inicien as obras de humanización de 27 rúas da cidade, no Casco Vello, o Calvario e Coia, entre outras. Se cortan rúas e se reducen carrís en distintas zonas da cidade e durante 6 meses.

martes, 7 abr 2009
12391079601233841499xulio.jpg
O concelleiro de Transporte e Mobilidade, Xulio Calviño, presentou este martes as propostas para o tráfico rodado do departamento municipal para o inicio dos traballos de mellora de 27 rúas da cidade, a comezar a vindeira semana.

Despois da Semana Santa, e durante un prazo de seis meses, zonas como o Casco Vello, o Calvario e Coia, entre outras, verán afetado o tráfico con curtes de rúas e reducción de carrías nas que quedan abertas. A implantación das obras e dos plans de tráfico será progresiva, iniciándose do vindeiro luns, 13 de abril, ao xoves, 16 de abril.

O edil de Mobilidade solicitou a colaboración e paciencia dos cidadáns ante as molestias que poidan causar as numerosas obras que se inician a próxima semana.

Por mor das obras de humanización do entorno das rúas Conde de Torrecedeira, Tomás Alonso, Baiona e Redondela estará pechada ao tráfico a rúa Tomás Alonso (treito entre Eugenio Fadrique e Paz), con acceso exclusivo para garaxes.

Asemade, establécese sentido único nas rúas e treitos seguintes: Conde de Torrecedeira (entre Juan XXIII e Gaiteiro Portela) cara a Gaiteiro Portela. Chano Piñeiro, cara a Camilo J. Cela. Antonio Elio Nebrija, cara a Camilo J. Cela. Camilo J. Cela , cara a Coruña. Baiona, cara a Tui. Redondela, cara a Castelao.

Por mor das obras de humanización do entorno das rúas Ferrería, Poboadores, Toledo, Palencia, Andalucía e José Antela Conde, estarán pechadas ao tráfico as rúas e treitos seguintes: Ferrería, Subida á Costa, San Sebastián, Jesús Fernández, Toledo (entre Urzáiz e Benito Castro Nogueira), Portela (entre Urzáiz e Martínez Garrido), Palencia, Sagunto (entre Martínez Garrido e Palencia), José Antela Conde, Andalucía e Badajoz, con acceso exclusivo para garaxes e residentes da zona.

Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense polas rúas Jenaro de la Fuente, Martínez Garrido e Doutor Carracido. Mentres duren as obras establécese sentido único nas rúas e treitos seguintes: Dr Carracido (entre Aguia e San Roque), cara a San Roque. Sagunto (entre Urzáiz e Palencia), cara a Palencia. E dobre sentido nas rúas e treitos seguintes: Burgos (entre Segovia e Martínez Garrido) e Dr Carracido (entre Dr Martín Lago e Aguia).

O acceso para Carga e Descarga ao MERCADO DO CALVARIO establécese polas rúas: Extremadura/Cataluña (preferentemente) ou Gregorio Espino e Urzáiz en horario restrinxido (de 06 a 10 // 12:30 a 16:30). Acceso restrinxido polas rúas Urzáiz e Aragón (entre Jenaro de la Fuente e Urzáiz) (só para garaxes e residentes na zona).

Por mor das obras de humanización do entorno das rúas Alfonso XII e Porta do Sol reduciranse o número de carrís das rúas Alfonso XII e Porta do Sol, manténdose o acceso aos garaxes de ámbas marxes.

Por mor das obras de humanización do entorno das rúas Gamboa, Joaquín Yáñez, Fermín Penzol, Ballesta, San Bernardo, Xuanelo, Peñasco, San Xulián, Abeleira Menéndez, Cruz Verde, Santiago, Poboadores, San Francisco, Marín, Estrada, Alcalde Portanet, Balaídos, Simón Bolívar e Sanjurjo Badía reduciranse o número de carrís das rúas e treitos seguintes: Alcalde Portanet, Balaídos, Venezuela (entre Arzobispo Xelmírez e Panamá) e Simón Bolívar (entre Ecuador e Venezuela), manténdose o acceso aos garaxes de ámbas marxes. Estarán pechadas ao tráfico as rúas Abeleira Menéndez, Cruz Verde, Santiago, Poboadores, San Francisco, Joaquín Yáñez, Fermín Penzol, Ballesta, San Bernardo, Xuanelo, Peñasco, San Xulián e Marín (entre Vilagarcia e Castelao), con acceso exclusivo para garaxes e residentes.

Asemade, mentres duren as obras, establécese sentido único nas rúas seguintes: Marin, Estrada (entre Grove e Lalín) e Vilagarcía de Arousa, cara a Castelao, Sanjurjo Badía (entre Enrique Lorenzo e Xulián Estévez), cara a Av Galicia.