O tenente de alcalde anuncia que "Moceando" será o punto de partida a novas alternativas de lecer xuvenís
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou este luns que as xornadas "Moceando", que se celebrarán os vindeiros 7 e 8 de maio no Verbum serán "o punto de partida dun novo xeito de facer as políticas de lecer para a mocidade". Na presentación da iniciativa, na que tamén participou a concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, o nacionalista salientou que as xornadas servirán para "reflexionar conxuntamente coas entidades xuvenís, o equipo que traballa na Concellería de Xuventude, e expertos na materia".
"Despois de dez anos da posta en marcha do programa Noites Vivas, a sociedade ten cambiado moito e a mocidade moito máis, polo que a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Xuventude pensamos que era necesario facer un parón para reflexionar sobre estes cambios e ofertar alternativas de lecer acordes coa realidade", explicou o tenente de alcalde. O nacionalista lembrou que se cumpren dez anos do inicio das Noites Vivas, que trataba de ofrecer alternativas á xente moza destacando o valor educativo do horario de lecer. Asemade, sinalou o "notable éxito" acadado pola iniciativa, xa que a demanda para ocupar os pavillóns en horario nocturno "era moi alta".
Santi Domínguez subliñou que "Moceando" parte dos "principios básicos" de que é preciso deseñar "políticas para a mocidade dende os propios mozos e mozas, non dende os despachos, e tendo en conta o valor educativo do tempo de lecer". Neste sentido expresou os seus parabéns á concelleira de Xuventude e o seu departamento pola "magnífica idea" de celebrar estas xornadas.
Iolanda Veloso destacou na súa intervención que dende a súa concellería "levamos moitos anos desenvolvendo programas de lecer dirixidos á mocidade", pero que esta non ten as mesmas inquedanzas que hai dez anos nin ocupa o tempo de lecer do mesmo xeito. Neste sentido fixo referenza á practica do botellón e lembrou a recente aprobación da ordenanza que o regula. Coincidindo co tenente de alcalde, sinalou que desde a Concellería de Xuventude "pensamos que era necesario facer este parón para reflexionar sobre as polìticas de lecer dirixidas á mocidade acorde coas súas inquedanzas actuais".
"Dende as administracións temos que escoitar a toda a sociedade para desenvolver as políticas máis axeitadas", asegurou a concelleira do BNG, quen explicou que nas xornadas participarán expertos a nivel estatal do eido da xuventude e o lecer, profesores de distintas universidades, representantes de asociacións xuvenís, así como o Valedor do Cidadán. Segundo Iolanda Veloso, as xornadas servirán para "reflexionar sobre os intereses e necesidades da mocidade, a perspectiva de xénero e as demandas que os programas de lecer alternativo deben cubrir".
A programación do xoves, 7 de maio, inclúe catro relatorios sobre "O tempo de lecer xuvenil: realidade e perspectivas", mentres que o programa do día 8 de maio se centrará no tema "O tempo de lecer xuvenil: riscos e oportunidades". As xornadas rematarán cun concerto de rap no propio museo Verbum a cargo do grupo "Pánico en las calles", que segundo a concelleira de Xuventude "amosará o traballo do programa Súbete ao Castro". O prazo de inscrición nas xornadas, que son gratuítas, é ata o 30 de abril. A ficha para facer a inscrición está dispoñina web www.xuventudevigo.org ou na Casa da Xuventude.
Descargar todas as imaxes