martes, 7 abr 2009
O concelleiro de Mobilidade, Xulio Calviño, presentou hoxe martes as alternativas propostas para o tráfico, unha vez a próxima semana se inicien as obras de humanización de 27 rúas da cidade, no Casco Vello, o Calvario e Coia, entre outras. Se cortan rúas e se reducen carrís en distintas zonas da cidade e durante 6 meses.
martes, 7 abr 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, subliñou hoxe que o Campionato do Mundo de hóckey a patíns é "un proxecto de cidade" e que reportará a Vigo un retorno económico "moi importante", ao asegurar un mínimo de "1.200 persoas só entre participantes, organización e medios de comunicación", pero sen contar aos familiares e compañeiros que acompañan aos deportistas. Por iso pediu "que Vigo se implique no evento" para conseguir que sexa "o mellor Mundial da historia".
martes, 7 abr 2009
A Fundación 10 de Marzo, dependente do sindicato CC.OO., organiza en Santiago actividades de debate sobre, por exemplo, a vivenda protexida ou as áreas metropolitanas, aspectos que "teñen moito que ver" con Vigo, polo que o Concello acordou a realización das actividades da Fundación na cidade.
martes, 7 abr 2009
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, explicou este martes que o seu departamento está a desenvolver diversas actuacións co obxectivo de potenciar a integración dos colectivos minoritarios e neste sentido manifestou o seu apoio ao programa de actividades que se celebran en Vigo con motivo da conmemoración mañá, 8 de abril, do Día Internacional do Pobo Xitano. Ao longo do mes de abril están convocadas diversas iniciativas como contacontos e exposicións para achegar a cultura xitana a toda a cidadanía.