Escoitar

O alcalde convenia coa Fundación 10 de Marzo a realización de actividades culturais

A Fundación 10 de Marzo, dependente do sindicato CC.OO., organiza en Santiago actividades de debate sobre, por exemplo, a vivenda protexida ou as áreas metropolitanas, aspectos que "teñen moito que ver" con Vigo, polo que o Concello acordou a realización das actividades da Fundación na cidade.

martes, 7 abr 2009
1239108612convenio.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou este martes un convenio coa Fundación 10 de Marzo, dependente de Comisións Obreiras, para a realización de distintas actividades culturais e de debate na cidade.

O mandatario explicou que o texto establece un "marco amplo" de cooperación entre as partes que se detallará en distinas accións. Abel Caballero indicou que a Fundación dedícase ao pensamento, a doctrina e á elaboración de debates, que noutras cidades como Santiago de Compostela se exemplificou en charlas sobre a vivenda protexida ou as áreas metropolitanas.

Estes temas "teñen moito que ver" coa cidade olívica, salientou o alcalde, polo que se concretarán posteriormente ao detalle as accións a establecer en coordinación municipal coa Fundación 10 de Marzo.
Descargar todas as imaxes