O alcalde inaugura a segunda fase das obras de humanización da rúa Foxos, en Teis
O alcalde participou este xoves na inauguración, cos concelleiros de Fomento e de Atención á Cidadanía, do segundo tramo das obras de humanización da rúa Foxos, en Teis. A mellora de toda a travesía contou cun investimento de 137.764 euros. “Unha unha gran acción entre Guixar e Sanjurjo Badía", destacou o rexedor.

Abel Caballero percorreu hoxe as novas obras de mellora da rúa Foxos, comprendidas entre o número 1 da travesía ata a intersección con Sanjurjo Badía. A nova humanización conta cun investimento de 71.473 euros, que se suma aos 56.291 euros das xa realizadas na reforma do primeiro tramo, acometida en 2022.
O Concello mellorou toda a rúa Foxos creando unha beirarrúa de 1,5 metros de ancho, así como dotando ás leiras particulares dun rebaixe especial para facilitar o acceso a todos os garaxes particulares que existen na zona. Ademais, instalouse unha varanda de aceiro galvanizado para garantir a seguridade dos peóns na área que conta cun desnivel dentro da beirarrúa, e instaláronse novas canalizacións de pluviais, así como canlóns de formigón nas zonas onde se acumula auga coa finalidade de evitar a súa entrada a vivendas e garaxes. A obra conta cunha nova canalización para o futuro soterramento do cableado da iluminación pública”.


