venres, 3 xaneiro 2025

Abel Caballero comunica que o IFEVI acollerá durante todo o domingo a Cabalgata estática dos Reis Magos

O Instituto Feiral de Vigo acollerá o domingo a Cabalgata estática dos Reis Magos para garantir a participación da cidadanía ante as adversas previsións meteorolóxicas. O rexedor indicou que o recinto permanecerá aberto desde as once da mañá ata as dúas da tarde, para reiniciar as visitas ás cinco e rematar ás oito da tarde. A entrega das chaves da cidade ás Súas Maxestades, para que poidan entrar nas casas de todos os nenos de Vigo, terá lugar ás sete da tarde.

O goberno municipal inviste máis dun millón de euros no novo ascensor da rúa Juan Ramón Jiménez

venres, 3 xan 2025

A Xunta de Goberno Local aprobou este venres o expediente de contratación das obras de construción do novo ascensor na rúa Juan Ramón Jiménez, entre Marqués de Valterra e Torrecedeira. Para o alcalde, este acordo significa o avance na construción de “un corredor desde o mar ata practicamente a cúspide do Castro”. O proxecto, que se atopan dentro da iniciativa “Vigo Vertical”, conta cun investimento de 1.018.000 euros.

O alcalde felicita á Asociación Vida Digna pola entrega de xoguetes a preto de 600 nenos de Vigo

venres, 3 xan 2025

O alcalde e a concelleira de Política Social saudaron este venres no Auditorio Municipal aos nenos que recibiron da man dos Reis Magos os xoguetes encargados pola Asociación Vida Digna. Preto de 600 menores recolleron os seus agasallos. Abel Caballero felicitou á asociación polo traballo que realizan todo o ano e de forma especial no Nadal en favor das persoas vulnerables.