O Concello aproba o nomeamento de oito novos axentes da Policía Local en prácticas
O alcalde avanzou o nomeamento de oito novos policías locais en prácticas, que se corresponden coa oferta de emprego de 2023.

Abel Caballero explicou que tras o acordo adoptado hoxe polo goberno municipal, os oito axentes realizarán o curso selectivo de formación na Academia Galega de Seguridade Pública e, a partir de aí, incorporaranse aos efectivos en servizo.
O alcalde apuntou que na oferta pública de emprego de 2024 figuran trece novas prazas na quenda libre, co que o persoal operativo da Policía Local en Vigo é de 339 axentes.