Escoitar

O fin de ano de 2024 deixa un 90% de ocupación hoteleira na cidade

O Instituto Galego de Estadística sitúa a Vigo como a cidade galega con maior número de persoas afiliadas á Seguridad Social.

xoves, 2 xan 2025

“Levamos un Nadal cunha afluencia de visitas diarias fóra do imaxinable” afirmou Abel Caballero, sinalando que, no derradeiro día de 2024 a cidade “alcanzou o 90% de ocupación hoteleira”.

Afiliación Seguridade Social

O Instituto Galego de Estadística sitúa a Vigo como a cidade galega con maior número de persoas afiliadas á Seguridad Social, pechando 2024 con 113.121 vigueses activos.

“Non sucedía isto dende o ano 2008”, explicou Caballero, engadindo que “estamos nos mellores rexistros de emprego da historia da cidade”. Un dos grandes aumentos “prodúcese no sector servizos, provocado polo gran tirón do Nadal”.

Descargar todas as imaxes