Escoitar

O Concello autoriza a construción da fábrica de microchips fotónicos

O alcalde deu conta este luns da sinatura da licenza municipal para a construción da nave que albergará a fábrica de investigación e desenvolvemento de microchips fotónicos de Vigo, que estará situada no Parque Tecnolóxico de Valadares.

luns, 30 dec 2024
Ramplas da Gran Vía de Vigo
Ramplas da Gran Vía de Vigo

“Seguimos dando pasos importantísimos para a fábrica de semicondutores que será un dos grandes proxectos de futuro da cidade de Vigo”, avanzou Abel Caballero este luns ao dar conta da sinatura da autorización.

O Concello outorgou a licenza para a construción da nave para a fábrica de investigación e desenvolvemento de microchips fotónicos no Parque Tecnolóxico de Vigo, que conta cun orzamento de execución de 3,6 millóns de euros e unha superficie construída de 4.000 metros cadrados.

Avanza o rexedor que esta fábrica aglutinará “unha grande actividade técnica e de emprego na cidade”, ao tempo que explicou que o Goberno de España, a través do PERTE, dedica 5 millóns de euros á cátedra CHIP da Universidade de Vigo para a contratación de investigadores para o desenvolvemento de microchips de fotóns e para a formación do persoal de enxeñería que traballará esta fábrica. Tal e como explicou, Vigo será a terceira cidade europea con fábrica de microchips, logo das autorizadas pola Unión Europea en Francia e Alemaña.

 

 

Descargar todas as imaxes