xoves, 2 xaneiro 2025

Vigo estuda dúas opcións para a chegada dos Reis Magos

Abel Caballero explicou este xoves que recibiu a chamada de Melchor, Gaspar, Baltasar e a Carteira Real "para comunicarme que queren ter Cabalgata en Vigo" a pesar das previsións meteorolóxicas. Así, o Concello baralla "dúas opcións" e que a decisión se tomará mañá venres en función das probabilidades de precipitacións sobre a cidade. A primeira opción é adiantar a Cabalgata ao sábado día 4 de xaneiro, sempre que o tempo o permita, xa que "hai algunha posibilidade de choiva". O rexedor explicou que a segunda opción, en caso de confirmarse o tempo adverso tamén do sábado, será "a instalación da Cabalgata de Reis no IFEVI o domingo 5 de xaneiro" con quendas de "mañá e de tarde".