O ascensor inclinado de Juan Ramón Jiménez estará operativo desde o luns 30 ao 13 de xaneiro
O alcalde anunciou que desde o vindeiro luns 30 de decembro ata o 13 de xaneiro estará en funcionamento o ascensor inclinado da rúa Juan Ramón Jiménez, entre Menéndez Pelayo e a Avenida de Camelias. Abel Caballero explicou que aínda que o elevador está en reparación, as distintas fases da execución das melloras van permitir que poida estar operativo de forma eventual.
O rexedor destacou este venres o elevado nivel de usuarios do ascensor da rúa Juan Ramón Jiménez que nestes momentos é obxecto dunha “significativa” intervención por parte do Concello coa finalidade de que as futuras avarías poidan ser reparadas de forma inmediata.
Caballero sinalou a complexidade do mantemento do ascensor inclinado por contar con pezas diferenciadas ao resto dos elevadores, á vez que avanzou que o Concello dedicará máis de 209.000 euros axilizar ao máximo a reparación dunha rotura.