Escoitar

O Concello aproba a licitación das catro ramplas mecánicas do Paseo de Granada por 3,4 millóns de euros

O Goberno municipal aprobou a licitación das obras de construción das ramplas mecánicas do Paseo de Granada. Facilitarán o tránsito e discorrerán entre a parte alta da rúa II República e a Praza do Bicentenario. Contarán cun investimento de 3.344.461 euros. Así o explicou este venres Abel Caballero ao indicar que o obxectivo do proxecto é facilitar ao máximo os desprazamentos dos peóns desde a Porta do Sol ata a parada de autobús da Avenida de Camelias próxima a Praza do Rei, o Monte do Castro, e a rúa Venezuela.

venres, 27 dec 2024

Abel Caballero detallou hoxe que o novo paseo da rúa Granada contará con catro ramplas mecánicas de 210 metros de lonxitude total, que axilizarán o tránsito da cidadanía desde Porta do Sol e Rúa do Príncipe ata o Monte do Castro. “Con estas ramplas queremos que alguén que estea na zona de Príncipe, Porta do Sol o Policarpo Sanz sea coma se tivesen un autobús, porque unhas escaleiras e as ramplas mecánica o levarán ata a Praza do Bicentenario, onde se atopa a parada dos autobuses”.

O alcalde apuntou que as catro ramplas proxectadas contan con 35,38,35 e 12 metros de lonxitude, respectivamente, que salvan unha pendente de entre o 9 e 10%.

“Unha nova forma de mobilidade no centro da cidade para chegar, a través do autobús, a todos os lugares de Vigo”, recalcou o rexedor.

Descargar todas as imaxes