Escoitar

Caballero: "O Goberno deu hoxe un paso definitivo para comezar o 28 de xaneiro as obras da nova bancada de Gol"

A Xunta de Goberno aprobou este venres o “último paso definitivo” para que as obras da nova bancada de Gol de Balaídos comecen o día 28 de xaneiro, segundo recalcou Abel Caballero.

venres, 27 dec 2024

O alcalde anunciou hoxe a contratación dos servizos de asistencia técnica á dirección da obra municipal para o control e seguimento da execución das obras do proxecto para a nova bancada de Gol de Balaídos, así como da coordinación da seguridade e saúde das obras, por importe de 662.000 euros. “Significa que imos empezar a partir do 28 de xaneiro as obras da bancada de Gol”, afirmou Abel Caballero.

O rexedor cualifica de “gran noticia” o final da tramitación que dará paso ao comezo da edificación no próximo mes. Caballero lembrou que o prazo de execución será de preto de dous anos, e que a capacidade da bancada pasará dos actuais 4.500 espectadores a 6.500.

As novas instalacións contarán con 6 escaleiras de amplas dimensións e 8 ascensores para facilitar a mobilidade e o acceso a todos os espazos aos afeccionados con algunha dificultade.

No exterior do estadio crearase un espazo aporticado de máis de 500 metros de lonxitude, enlazando o anel de soportais de Tribuna, Gol e Marcador entre si, creando un novo espazo público cuberto.

 

Descargar todas as imaxes