Escoitar

O Bus do Nadal incorpora 1.000 luces LED e suma máis de 3.000 pasaxeiros

A partir de hoxe, o Nadal Bus incorpora 1.000 luces LED. Ofrece unha experiencia de sightseeing única para visitantes e locais. Este ano, o Nadal Bus mostrase como unha das atraccións das festas, sumando máis de 3.000 viaxeiros a bordo. Os titulares da PassVigo poderán beneficiarse dun desconto especial, sempre que realicen a compra do billete anticipado

venres, 27 dec 2024

Cun percorrido que abarca os puntos máis emblemáticos da cidade, os pasaxeiros poderán gozar dunha vista privilexiada das decoracións todos os días durante o periodo festivo, xa que o bus turístico do Nadal ofrece horarios ampliados para garantir que tanto residentes como turistas poidan gozar desta singular proposta.
Os interesados en viaxar no Nadal Bus poderán facer a reserva de billetes de forma sinxela a través da plataforma Woutick!, seleccionando día e hora dispoñibles. Os titulares da PassVigo poderán beneficiarse dun desconto especial, sempre que realicen a compra do billete anticipado (introducindo o número da súa tarxeta PassVigo na plataforma Woutick!).
O andar superior do Nadal Bus estará reservado as persoas que adquiran o seu billete anticipado a través da plataforma Woutick!. Se trala venta en liña aínda quedan asentos dispoñibles no andar superior, poderán ocuparse por orde de chegada.

Servizo Nocturno Especial de Nadal e Fin de Ano


Estes días, o servizo nocturno de transporte urbano da cidade, conta cun reforzo especial da liña C1, dispoñible de domingo a xoves, de forma que realiza 6 novas saídas desde Praza de América cada 30 minutos entre as 22:50h e ata as 01:20horas.

Os días que terá lugar este servizo especial serán o domingo 29, luns 30 de decembro e xoves 2 de xaneiro e que se veñen a sumar ao servizo nocturno que xa funciona 24 horas os venres e sábados.

Descargar todas as imaxes