xoves, 26 dec 2024
O alcalde inaugurou este xoves as obras de mellora realizadas polo Concello na pista deportiva no Centro Cultural e Recreativo de Cabral-Becerreira, por un importe de 600.000 euros, á vez que descubriu a placa en homenaxe ao finado deportista de fútbol sala Miguel Gil García. “É o día do deporte, da afectividade e do recordo”, afirmou o rexedor ao expresar o seu apoio á nai e avoa do novo desaparecido en 2019.
xoves, 26 dec 2024
O alcalde informou do envío dunha carta cos pagos para que a Xunta reembolse 978.000 euros ao Concello de Vigo tras a sentenza do TSXG. “Foi un abuso político intolerable”, expresou Abel Caballero en rolda de prensa.
xoves, 26 dec 2024
Os datos de viaxeiros e pernoctas rexistrados polo INE en novembro, que constatan un incremento do 8,5% no número de viaxeiros e un 9% de pernoctas con respecto a 2023, ratifican que Vigo “segue sendo un modelo turístico en España”, segundo recalcou hoxe Abel Caballero.
xoves, 26 dec 2024
Abel Caballero recibiu hoxe na alcaldía á nova presidenta da Asociación de Novos Empresarios de Vigo e Mancomunidade, Águeda Ubiera, e ao expresidente, Iván Suárez. Durante a reunión, o rexedor trasladou o apoio do goberno municipal á nova directiva quen lle trasladou os seus proxectos para a esta nova etapa da entidade.
xoves, 26 dec 2024
Abel Caballero animou este xoves a participar e asistir o vindeiro sábado 4 de xaneiro á terceira edición do Torneo Cidade de Vigo de Baloncesto 3x3 que se celebra no pavillón de Navia. Trátase dun torneo integrado con 2 categorías de 3x3 en cadeira de rodas. Os equipos poden ser masculinos, femininos ou mixtos e estarán formados por un mínimo de 4 xogadores e un máximo de 5. O alcalde felicitou ao club de baloncesto Seis do Nadal e ao CD Anfiv "pola cooperación tan importante, e porque facedes do baloncesto un deporte tan arraigado na cidade de Vigo"