O Concello remite á Xunta os pagos polo cobro indebido da obra dos subministros do Hospital Álvaro Cunqueiro
O alcalde informou do envío dunha carta cos pagos para que a Xunta reembolse 978.000 euros ao Concello de Vigo tras a sentenza do TSXG. “Foi un abuso político intolerable”, expresou Abel Caballero en rolda de prensa.
Abel Caballero deu conta de que o Concello vén de enviar á Xunta de Galicia os pagos das obras dos subministros do Hospital Álvaro Cunqueiro. O montante ascende a 978.000 euros. Esta acción vén dada pola sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que falla a favor do Concello, polo que é a administración autonómica a encargada do pago das obras das conexións eléctricas, saneamento, abastecemento, gas e fibra óptica. “Foi un abuso político intolerable”, manifestou Caballero, que explicou que “a Xunta subtraeu os cartos tomando a xustiza pola súa man”.