O alcalde confirma que o plan de Moneo para a Praza do Rei "segue adiante" e "sen custo para a cidadanía"

venres, 25 xuñ 2010

Abel Caballero, requerido polos medios de comunicación, afirmou este venres que o proxecto do arquitecto Rafael Moneo para a Praza do Rei "segue adiante" e actualmente estanse a preparar os pregos económico e xurídico para o concurso administrativo. O plan, recordou o alcalde, "é viable e sen custe para a cidadanía". Caballero informou tamén da aprobación dun gasto de 345.000 euros para arranxos no edificio do Concello.

Urbanismo axiliza a concesión de licencias impulsando co Colexio de Arquitectos a tramitación dixital

xoves, 3 xuñ 2010

O concelleiro de Urbanismo, José Mariño, presentou este xoves un convenio que asinará co Colexio de Arquitectos para potenciar a tramitación dixital de licenzas na Xerencia de Urbanismo, que actualmente só supón un 10% do total. O edil explicou que, coa autorización do propietario, o COAG remitirá a documentación dixital ao Concello, procurando que "a tramitación sexa máis áxil" para poder conceder licenzas en tres meses.

Urbanismo acorda iniciar a redacción do proxecto do túnel de Julián Estévez

xoves, 20 mai 2010

A Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión ordinaria deste xoves, adoptou a decisión de "iniciar a contratación do servizo de redacción do proxecto de execución do túnel de Julián Estévez". Segundo o acordo suscrito coa Xunta de Galicia, o Concello licita o devandito servizo, que financia o goberno autonómico. Urbanismo aprobou tamén o pago de 116.000 euros polo proxecto de ordenación do entorno da Praza do Rei, realizado polo arquitecto Rafael Moneo.

Os cidadáns terán acceso directo á información urbanística na web municipal

venres, 30 abr 2010

O Concello de Vigo ven de adherirse ao programa "Urbanismo en red" polo que os veciños poderán aceder á información urbanística, de xeito inmediato e personalizado, na web do Concello. A iniciativa, fruto dun convenio marco entre os Ministerios de Industria, Turismo e Comercio, dará resposta a unha demanda social de transparencia. Os traballos xa comenzaron no mes de abril.

O Concello inicia os traballos previos á ocupación de terrenos para a Cidade da Xustiza

xoves, 29 abr 2010

Á solicitude da Xerencia emitiuse informe sobre a área de planeamento APR A-3-14 Chouzo, na que se persigue a creación dunha praza que poda acoller a "ubicación de novos equipamentos do que se deu en chamar a Cidade da Xustiza". O informe municipal contempla varias fórmulas para a obtención de terreos coma por ocupación directa, por permuta forzosa, por convenio urbanístico ou mediante expropiación forzosa.

O concelleiro de Urbanismo amosou o "apoio total" do goberno á causa "xusta" dos traballadores de Alfageme

xoves, 18 mar 2010

José Mariño trasladou este xoves o "apoio total" aos traballadores da factoría e o seu desexo de que a súa situación "volva á normalidade". O edil apuntou que o PXOM inclúe 26,1 millóns de euros en plusvalías da parcela destinados ao traslado da fábrica e, de non ser reubicada, o Plan sería modificado para evitar que a propiedade quede con esa cantidade. Mariño asegurou que agarda que non sexa preciso adoptar esta medida xa que "hai solucións posibles" para resolver a situación dos traballadores.