O alcalde visitou o inicio das obras de rehabilitación do arco Quirós, "un dos emblemas" na recuperación do Casco Vello

venres, 9 set 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, xunto á tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, visitaron este venres o inicio das obras de construcción e rehabilitación do edificio do arco Quirós, na Praza da Princesa, "un dos emblemas" na recuperación do Casco Vello xunto á fachada do Berbés. O alcalde estimou en ano e medio a duración das obras de construcción.

Silva avalou o derrubo dunha parte dun edificio no Casco Vello polo "interese de salvagardar a seguridade"

venres, 1 xul 2011

A concelleira de Urbanismo, Cascos Históricos e Grandes Proxectos, Carmela Silva, presenciou hoxe venres o inicio da demolición parcial dun edificio situado na rúa Eduardo Chao, actuación acometida "no interese de salvagardar a seguridade". Explicou que esta orde de execución urxente chega despois de que a promotora, responsable da conservación do edificio, non adoptara as medidas urxentes de seguridade que lle foron requeridas pola Xerencia de Urbanismo o pasado mes de decembro

Carmela Silva reitera que o Concello está do lado da legalidade e cumprirá as instruccións xudiciais sobre o edificio de Churruca

venres, 24 xuñ 2011

A primeira tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo informou dunha reunión mantida hoxe venres cos veciños do edificio de Churruca, con sentencia firme de demolición parcial do TSXG, onde explicou que "son os xuices os que toman as decisións" e "este goberno sempre estará do lado da legalidade". A partir de aquí, Silva amosouse disposta a pedir instruccións ao Xulgado sobre como operar no caso de que o demandante solicite ao Tribunal renunciar a parte da execución.

O alcalde tranquiliza aos veciños da rúa Ecuador ao afirmar que non hai licencia para unha antena de telefonía móbil

xoves, 23 xuñ 2011

A concelleira de Urbanismo e primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, investigou a situación da antena tan pronto tivo coñecemento. Abel Caballero insiste en que neste momento nin sequera se iniciou un proceso de petición de licencia e avanzou que xa se advertiu á empresa de que se "absteña" de facer calquera instalación porque o Concello a paralizaría de non cumprir coa legalidade.

O Concello evita unha indemnización millonaria ao adxudicar a xestión da Praza Elíptica á empresa Prazadouro SL

venres, 17 xuñ 2011

A Xunta de Goberno Local incluíu na orde do día os acordos relacionados coa concesión para xestionar tanto o aparcadoiro coma os locais comercias da Praza Francisco Fernández del Riego. Tal e como explicou o alcalde, Abel Caballero, esta decisión pon fin a un largo contencioso herdado de gobernos precedentes e evitase unha indemnización de 25 millóns de euros.

O alcalde avanza a apertura do prazo de inscripción para optar ás 453 vivendas de protección en solo municipal

martes, 3 mai 2011

Abel Caballero anunciou este martes que aqueles interesados en optar a algunha das 453 vivendas de protección que construirán cooperativas en solo municipal poderán comezar a inscribirse desde o próximo venres na Oficina municipal de Vivenda. Os pisos construiranse en zonas como O Calvario, Ramón Nieto, San Roque ou Rosalía de Castro, e poderán optar unidades familiares que non superen os 47.000 euros anuais de ingresos.

Caballero anuncia a publicación "inmediata" do listado de parcelas municipais onde edificaranse 500 vivendas protexidas

luns, 18 abr 2011

Algunhas das parcelas, adiantou o alcalde, estarán emprazadas na Praza Elíptica, en Rosalía de Castro, en Lavadores, San Roque, Navia-Alcabre e en Aragón, entre outras. As vivendas "libres de plusvalía" rondarán os 90 metros cadrados e os 120.000 euros, e ergueranse como cooperativa de particulares. Caballero valorou que, por primeira vez, o Concello dispoña dun censo de terreos da súa titularidade, e adiantou que a próxima semana publicarase o listado de parcelas para VPO.

O alcalde anuncia unha oferta de solo municipal para construir 500 vivendas protexidas a través de cooperativas de particulares

xoves, 7 abr 2011

Abel Caballero remitiu á próxima semana para concretar as características da oferta, pero xa adiantou que os interesados poderán inscribirse a título individual, tras o que conformaranse as cooperativas que leven adiante as vivendas "libres de calquera tipo de especulación". O socialista explicou que as parcelas están distribuídas "por todo Vigo" e permitirán edificar sobre 500 pisos, co que o Concello "responde á demanda de vivendas de promoción a prezos moi alcanzables".

O prazo para solicitar unha das vivendas municipais en aluguer en Navia está aberto ata o 16 de maio

venres, 1 abr 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe venres o inicio do prazo de inscripción para solicitar unha das vivendas en aluguer "a prezos módicos" que dispón o Concello de Vigo en Navia. Desde hoxe, os interesados poden acudir á oficiña municipal de vivenda -sita na rúa Oporto, 1- para a inscripción e ata o 16 de maio, despois de que o Boletín Oficial da Provincia publicase onte a resolución. Caballero saudou esta "moi boa nova" ao tratarse das "primeiras vivendas das que dispón o Concello" para aluguer.