Escoitar

O alcalde avanza a construcción dun "gran corredor verde entre Coia e Samil"

O goberno municipal construirá un "gran corredor verde entre Coia e Samil" de máis de 100.000 metros cadrados, tal e como aprobou hoxe venres a Xerencia de Urbanismo, que deu luz verde ao plan especial de dotacións no eixo que une as avenidas Castelao e Europa.

venres, 29 xuñ 2012
1340971454alcalde4.jpg
A Xerencia de Urbanismo deu luz verde hoxe venres ao plan especial de dotacións entre as avenidas Castelao e Europa. Tal e como anunciou o rexedor, "é unha das actuacións emblemátias de Vigo", nunha zona na xa se construiu a beirrarrúa na marxe esquerda, en dirección a Samil. Durante a súa comparecencia, avanzou que nestes momentos iniciase a actuación na outra marxe, para construir un "gran corredor verde" entre Coia e Samil, de máis de 100.000 metros cadrados. Deste xeito, apuntou, resólvese o problema de tránsito, actuando con moito respecto e tratamento ecolóxico a riqueza medioambiental da zona como é o xardín botánico, ou os humedais.

Con esta posta en valor "desta zona emblemática da nosa cidade", o obxectivo é conseguir un espazo urbano de calidade que serva de referente paisaxístico, sobre as previsións de desenvolvemento urbanístico fraccionado en varios ámbitos: Cruceiro, Pertegueiras, Dunas, Tomás Paredes, Fontes Pertegueiras e Millareira.

Licenzas
Por outra banda, a Xerencia deu conta da concesión de 26 licenzas de obras e 3 de actividade, cun investimento de 607.641 euros. Logo de facilitar estes datos, o alcalde transmitiu a "súa satisfacción" polo bo funcionamento da Xerencia porque "seguramente vive a etapa máis activa e capaz nun momento de profunda crise económica como estamos a vivir". No seu balance do departamento de Urbanismo, refereiuse tamén a todas as sentenzas favorables aos intereses do Concello emitidas polo TSXG, á posta en marcha de ámbitos como o Barrio do Cura ou ao desenvolvemento doutros moitos ámbitos para que estean preparados no momento no que se reactive a economía.
Descargar todas as imaxes