Escoitar
Anuncio

CONVOCATORIA PARA O ANO 2012 DO "PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS"<br />

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 08/06/2012, a proposta da Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2012 do "PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS", as cales foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra no BOP núm. 121 de 26 de xuño de 2012.

venres, 29 xuñ 2012
OBXECTO:
Poderán acollerse a estas axudas os/as empresarios/as individuáis e as pequenas e medianas empresas, promovidas por desempregados/as independentemente da súa forma xurídica, constituidos no período comprendido entre o 1 de xuño de 2011 e o 31 de marzo 2012 e que cumpra os requisitos establecidos nas bases como:
- Ter o seu enderezo fiscal e social en Vigo.
- O promotor e a lo menos un dos promotores esté en situación de desemprego na data de inicio da actividade empresarial.

PRAZOS E LUGAR DE PRESENTACIÓN:
O prazo de presentación de solicitudes será dende o día seguinte a da súa publicación no BOP e rematará 1 mes despois.
As solicitudes presentaranse, segundo modelo normalizado, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, dirixidas á Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, ao "Programa de Axudas Municipais á Creación de Empresas".

INFORMACIÓN:
Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado.
Tfno.:986810232; correo electrónico: ofi.emprego@vigo.org
As bases reguladoras das axudas e os anexos a presentar, estarán á súa disposición nas dependencias de Información do Concello de Vigo, na Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado e na súa páxina web: www.vigo.org.